Friday 19 de April de 2024

O Concello de Oroso pon en marcha unha campaña canda os comerciantes para que ningún neno quede sen xoguetes o Día de Reis


Os veciños poderán facer os seus donativos nos distintos establecementos hostaleiros de Oroso ata o 16 de decembro

Concello de Oroso vén de poñer en marcha a campaña “En Reis, ningún neno/a sen agasallo”, coa que pretende que todos os nenos e nenas das familias máis vulnerables do municipio poidan disfrutar dun agasallo o día de Reis. Unha iniciativa na que conta coa total e desinteresada colaboración de practicamente a totalidade dos establecementos comerciais do municipio, que ata o vindeiro 16 de setembro albergarán nos seus locais unhas huchas para recoller os donativos que queiran facer os seus clientes.

O concelleiro de Cultura, Antonio Leira, explica que “pretendemos que os clientes que acudan aos distintos negocios de Oroso poidan, se así o desexan, colaborar nesta campaña cun donativo que servirá para mercar agasallos para que os nenos e nenas das familias máis vulnerables do noso municipio poidan ter un xoguete co que xogar nun día tan especial como o de Reis”. Ademais, Leira destaca a gran implicación dos comerciantes de Oroso.

As huchas xa están en case todos os locais comerciais de Oroso, de xeito que todos os que o desexen poden deixar os seus donativos nelas ata o 16 de decembro. Despois, os Servizos Sociais de Oroso recollerán os cartos e se lle entregarán a os dous establecementos que lideran esta campaña canda o Concello, Refoxos e Aula 10, para que consigan os regalos para as familias máis desfavorecidas do municipio. Uns agasallos que serán entregados a principios de xaneiros ás familias dunha forma totalmente discreta para que poidan ser recibidos polos pequenos o Día de Reis.